Ola!!!
Como sabedes a mascota da clase "Suni" está a traer moitos contos á clase de 2-3 cos que nos sorprende cada día. Moitos deles levan no lombo un distintivo que nos indica que Suni vai por eles á biblioteca municipal de Betanzos porque ten o carné de socia. Ademáis con ese carné pode acceder aos libros de calquera biblioteca da Rede galega de bibliotecas polo que si está en calquera outra vila, Sada, Abegondo, Coruña, Bergondo... pode levar tamén libros en préstamo e incluso acceder á un catálogo on line tanto na plataforma da Rede como na de "Galicia le" e desfrutalos sen saír da casiña.
Na propia biblioteca poden informarvos de como acceder e facervos socios pero tamén vos adxuntamos un enlace con toda a información para os que esteades interesados ou interesadas.
https://rbgalicia.xunta.gal/es/carne-da-biblioteca
https://www.galiciale.gal/
Case todalas bibliotecas ofrecen espazos adaptados ás crianzas nos que se sinten a gusto e poden escoller libros para levar á casa ou ler alí mesmo, coa familia ou en compaña doutras crianzas. Aquí deixamos algunha foto da biblioteca de Betanzos para quen non a coñeza. Animámosvos a pasar algunha tardiña por alí e facervos soci@s quenes ainda non o sodes.
Para que nunca nos falten os contos e os libros!!!📚
Mónica.