O xoves 3 de outubro, a aula de 2-3 anos puxémonos mans á obra para realizar a vendimia, unha actividade que involucra a moitas persoas traballando por un obxectivo común.
A través desta experiencia, nenas e nenos aprenden a importancia da colaboración e do traballo en equipo. Cada un/unha ten un rol e todos son igual de importantes para que a tarefa se complete con éxito.
Ademáis, este tipo de dinámicas son esenciais para o seu desenvolvemento social, xa que con elas aprenden a comunicarse, a confiar nos demais e a valorar o esforzo conxunto.
Polo tanto, en días previos e falando tamén do outono, xa tivemos presentes os diferentes froitos desta estación do ano, e como non, as uvas! 🍇 Pero... De onde veñen? Porque sempre as atopamos xa na nosa mesa ben limpas e listas para xantar...
Pois que mellor momento que este para achegar aos máis pequen@s a esta tradición e ... Alguén dixo que a vendimia era cousa de maiores? Aquí estamos nós para amosar que tanto maiores coma pequen@s podemos desfrutar dunha actividade tan significativa como é a recollida das uvas. Así, ademáis de coñecer esta tradición, traballamos os seguintes aspectos, entre outros:
- Estimulación sensorial: a vista (uvas de diferentes cores, tamaños...); o gusto (probando as uvas vemos que teñen sabores diferentes e incluso as probamos conxeladas!); o tacto (tocamos as uvas, son suaves, e se as espachurramos teñen zume...); o olfacto (ulimos a froita, a herba, a terra mollada...).
- Desfrutamos do espazo exterior da escola e descubrimos que hai moitos bechos pola herba, como formigas, vermes...
- Potenciamos a psicomotricidad fina ao coller as uvas unha a unha (movementos do corpo que requiren unha maior precisión).
- Desenvolvemos a concentración, a atención, o traballo cooperativo, a comunicación cos demáis.
- Levamos a cabo hábitos de hixiene: lavamos as uvas para poder comelas e lavamos tamén as nosas mans 👐🏻
Foi unha actividade que nos gustou moito e na que como podedes ler, traballamos de xeito global unha morea de aspectos do desenvolvemento de nenos e nenas, sempre a partir do XOGO como motor do seu desenvolvemento integral, partindo dos seus intereses para fomentar así unha APRENDIZAXE SIGNIFICATIVA, a través de observación, manipulación e experimentación, sendo as nenas e os nenos os principais protagonistas da súa propia APRENDIZAXE.
Mónica e Alba
Aula 2-3 anos
No hay comentarios:
Publicar un comentario