miércoles, 6 de noviembre de 2024

Froitas!!!

 Ola!!!

Hoxe queremos compartir con todos e todas este libro de Kalandraka da colección do berce á lúa que está gustando moito estes últimos días. Gracias a esta versión tan linda en lingua  de signos introducimos a rutina do tentempé diario aprendendo como nomear as froitas coas nosas mans.

Como sabedes as rutinas diarias son unha parte moi importante na aprendizaxe, na adquisición de autonomía, na socialización e fan que as crianzas se sintan máis involucradas, seguras e orientadas na xornada escolar.

Este tipo de recursos ou rituais como pode ser un conto ou unha canción serven de introducción a certos momentos que cada día se repiten como o xantar ou a sesta. Sempre son moi celebrados e disfrutados xa que con eles participan e se sinten protagonistas da escola como espacio propio que é.



Mónica.


No hay comentarios:

Publicar un comentario