Hoxe queremos compartir con vós un recurso co que estamos practicando ioga na clase tanto co grupo de 1-2 como o de 2-3.
Resulta moi divertido e gracias á música e á sucesión de posturas (asanas) exercitamos a motricidade grosa á vez que se traballa o ritmo e a súa velocidade (lento e rápido). Nesta versión tan orixinal acompañada de canción recréanse algúns conceptos e accións relacionadas con animais xa recoñecidos polas crianzas, o can que rasca a patiña, a serpe e o son que fai, e a rá co seu salto tan característico.
Agardamos que desfrutedes moito deste recurso na casa tamén. Podedes atopar esta versión que vos adxuntamos con imaxes, ou so o audio en plataformas musicais para poder escoitar en calquera parte, ambas lles gustan moito.
Namasté.
Mónica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario