martes, 12 de noviembre de 2024

Queridos animais do mundo.

 Ola!!!

A revolución dos animais chegou á escola. Saíron do caixón  e nos sorprenderon con este mundo propio co que as crianzas desfrutaron moito. Unha experiencia para manipular, construír, facer, desfacer, discurrir e tamén recoller como exercicio de traballo colaborativo e de clasificación. As provocacións deste tipo con diferentes materiais lles encantan porque a presentación dos materiais de forma atractiva e diferente á habitual invita ao xogo de diversas maneiras e fai que xurdan novas experiencias e aprendizaxes.

Nesta ocasión os materias empedrados xunto coas figuriñas de diferentes animais foron madeiras, teas, cunchas, alfombriñas, corchos, e recipientes.

Deixamos algunhas fotos da preparación desta actividade. Agardamos que os animais do caixón se revolucionen moitas máis veces.

Mónica.
















No hay comentarios:

Publicar un comentario