Ola!!!
Hoxe estamos moi contentas xa que recibimos a primeira mensaxe na colmea dos desexos. Moitas grazas!!! Pedíades se podíamos compartir algunha canción das que cantamos na aula cada día e aquí van dúas delas para comezar.
Como vedes no noso repertorio collen as cancións de sempre que se cantaban os avós e avoas e outras máis modernas, o caso e cantar!!!
Últimamente estanos falando e contando un conto de cabalos que lles gusta moito tanto na aula de 1-2 como na de 2-3, e o acompañamos desta canción tradicional. Facemos unha versión propia en galego na que cambiamos "cola elegante "por "cola moi longa". A primeira parte a cantamos co conto pero pouco a pouco iremos sabendo novas estrofas engadidas.
Por outro lado as cancións que se acompañan de xestos e e movementos do corpo e un recurso que lles encanta en calquera momento co que traballamos a motricidade grosa e a expresión corporal. Esta semana estamos desfrutando moito con está canción acompañada de coreografia que fala dos sentimentos e da autoimaxe positiva que agardamos todos e todas adquiran dende agora e ao longo da sua vida para lograr todo o que se propoñan. Quererse e aceptarse, que gran aprendizaxe...
Aquí a deixamos para todos e todas para cantar, moverse e pasalo moi ben!!
Mónica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario