Ola!!!
Estamos a desfrutar dunha superlúa estes días e imos aproveitar este feito para aprender moitas cousas coas crianzas. Chamada a lúa do castor polos nativos de América do Norte por ser esta época na que os castores constrúen as súas presas, será a derradeira superlúa do ano.
https://www.lanasa.net/universo/observacion-astronomica/ya-esta-aqui-la-ultima-superluna-del-ano-la-luna-del-castor
Os ceos despexados inusuais nestas datas permiten que a noite nos brinde este espéctaculo. Un paseiño nocturno paga a pena!
Na aula de 2-3 imos aproveitar está semaniña para estar un pouco na lúa. Como sabedes a colección de libros do berce á lúa ten un que lles encanta, pero imos contar moitas máis historias da lúa, cantar cancións e seguir apreciando á forma de círculo que ten está superlúa que nos acompaña e que eles mesmos poden observar.
Aquí vos deixo algúns recursos cos que imos desfrutar está semana e algunha fotografía de outras actividades nas que xa apareceu a lúa no mes pasado.
Feliz semana a todas e todos.
Mónica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario