miércoles, 8 de enero de 2025

Días de nadal!


 Ola familias!

Qué tal nestas festas de Nadal? Seguro que con moitas comilonas, xogos e descanso! Agora xa volvemos á rutina, non antes sen amosarvos algunhas cousiñas que fixemos estos días na aula de 2-3 anos:

-Seguimos (e seguiremos) a contar diferentes contos do control de esfínteres (entre outras temáticas) e o de "Todo el mundo va", cantado, é un éxito, encántanos a tod@s!



- Traballamos a lóxica-matemática xogando con diferentes crebacabezas e ábacos (desenvolvendo así, a través do xogo con este material, a atención, a concentración, aspectos matemáticos, seriacións, formas e cores, números, partes do corpo, prendas de roupa...) :










 - Unha das luces da nosa aula estropeuse e veu o electricista a reparala. Encantounos ver como traballaba alí enriba subido a unha escada ben grande, parecida á que usan os bomberos! (aproveitamos esta situación para falar dalgunha profesión).



- Xogamos coa plasti, algo que nos encanta e nos axuda a relaxar mente e corpo, desenvolvendo así a psicomotricidade fina (movementos precisos coas mans e dedos), a atención e a concentración, a imaxinación, creatividade e liberdade, cores, formas, texturas... Empregamos coitelos de plástico para poñer en práctica novas habilidades que nos serán útiles no noso día a día (traballamos dende un enfoque integrador e globalizado).




E como nos gusta tanto amasar e facer experimentos fixemos plasti!!!: Dúas tazas de fariña, unha taza de sal e agua. Se a queredes facer na casa, é moi sinxela e podedes empregar colorante alimentario líquido para darlle diferentes cores, e ata facer mesturas! Non dubidedes de que tamén aproveitamos para catar os sabores da fariña e do sal 😊 
A curios@s non nos gana ninguén! 

(Vaia descubrimento: deixamos as nosas pegadas na plasti!)



- Cando na parva hai mandarinas para comer, poñemos en xogo todas as nosas habilidades para pelalas nós mesmos. É un bo momento para axudarnos os uns aos outros (tanto para saber pedir axuda como para saber aceptala se a precisamos): 


- Debuxamos no chan unha estrada para xogar cos coches, un lago para que naden os patos, establos para os animais da granxa... Deixamos voar a nosa imaxinación! 




- E para rematar, fixemos algo moi importante: o repaso das normas da aula! Empregamos pictogramas porque son moi representativos e axudan a nenas e nenos a comprender e interiorizar moito mellor estas normas, que deben ser poucas e ben claras. Ademáis levamos xa moito tempo traballando as rutinas con secuencias de pictogramas, por exemplo no lavado de mans, sonarse o naris, peinarse... 
Deixámosvos fotos para que as vexades nas vosas casas (e así tamén as podedes ver cos nenos e nenas para reforzar o traballo que facemos a diario na escola 😊) :













      ALBA
Aula 2-3 anos






viernes, 20 de diciembre de 2024

Diario dos últimos días na escola

Ola familias!

Queredes coñecer algunhas das cousas que fixemos estos días? Pois ahí van!

Déusenos por xogar moito máis que de costume co tren 🚂 🚃🛤️, montando e desmontando as vías, encaixando e desencaixando, unindo e separando os vagóns, facendo seriacións, clasificacións... Accións a través das que se traballan aspectos cognitivos como a lóxica matemática, a resolución de problemas... 



E tamén co maletín dos médicos! Fixémonos curas os uns aos outros poñendo de manifesto o importante que é cuidarse a un mesm@ e aos demáis, dando valor á profesión dos médicos 👨🏻‍⚕️ Fixémonos curas, vendamos o pé de Alba e algún que outro dedo 🦶🏻🩹🩺💉 🩻🚑 👩🏻‍⚕️



As bonecas e a cociña seguen a ter gran éxito no día a día:

Tamén fixemos a colada: montamos un tendal na aula e experimentamos con pinzas e calcetís. Deu moito xogo: tendemos os calcetís no cordón coas pinzas, emparellamos os que eran iguais, puxémolos nas mans en vez de nos pés, verbalizamos as diferentes cores que tiñan... Traballamos así a psicomotricidade fina, a atención e a concentración, o vocabulario, a expresión verbal...



Seguimos a contar diferentes contos sobre o control de esfínteres, que nos encantan (grazas ás familias que nos fixeron algún préstamo 😊): 


Experimentamos con papel celofán, que nos permitiu ver o mundo en cor e traballamos o concepto "transparente" empregando plásticos transparentes. Así, ademáis de traballar as cores puxemos en marcha o sentido do oído descubrindo que este papel tamén fai sons se o manipulamos, se o sacudimos, se o enrugamos...


E tamén tivemos tempo para vi á escola vestid@s de vermello para que un fotógrafo nos viñera a sacar unha foto 📸, tempo para cantar e bailar panxoliñas, para tocar con pandeiretas e aprender lingua de signos...

Fixemos as nosas cartas para as súas maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar, e viñeron de visita á escola! 👑👑👑🐪🐫🐪 Contáronnos que viñan de moi lonxe, de Oriente 🌎✨






Manipulamos arxila natural potenciando así o sentido do tacto, a atención, a creatividade e a imaxinación. Empregámola para facer adornos navideños para decorar as vosas casas 🎄⛄
Creamos árbores de Nadal cos fieitos que trouxéstedes da casa:



E como nos gusta tanto pegar pegatinas e andar polo chan, fixemos entre tod@s un mural navideño!


E para rematar esta semana tan intensa... FESTA RACHADA NA ESCOLA!!!!! Xornada de convivencia, de compartir momentos, de agradecer, de desfrutar xuntos!



De novo: GRAZAS FAMILIAS pola vosa implicación e participación na vida da escola! 

Felices festas! Bo Nadal! E próspero aninovo!
☃️🎄🎁🎅🏻✨☕🍇🔔🎊



ALBA
Aula 2-3 anos

jueves, 19 de diciembre de 2024

Bo Nadal.

 Ola!!!

Aquí vos deixo un pouco da obra do gran Francesco Tonucci para desexarvos a tod@s uns días plenos de amor e xogo.  

Felices festas.💫

Mónica.
















miércoles, 11 de diciembre de 2024

Control de esfínteres: proceso de maduración e non de aprendizaxe.

Ola familias!

Aquí vai unha entrada no blogue que considero que vos aportará información clave e importante a ter en conta neste proceso de control de esfínteres.

Falamos dun proceso complexo que necesita unha maduración psicolóxica, física e emocional por parte do nen@. É un proceso madurativo propio de cada un/unha polo que é moi importante respectar os seus tempos. O control de esfínteres é unha gran conquista mental.

Para que os nen@s acaden este logro é necesario que adquiran unha serie de habilidades previas:

- Autonomía motriz (baixar e subir os pantalóns, por iso insistimos en que é fundamental traer ropa cómoda e folgada que lles permita ser autónomos).

- Comprender ordes sinxelas.

- Ter conciencia da necesidade de orinar.

A musculatura interna relacionada con este control necesita madurar para que se poida contraer, pechar e decidir reter a orina/feces. Falamos de MADURACIÓN e non de aprendizaxe porque os adultos non podemos ensinarlles cómo facer todo iso.

Os seus cerebros teñen unha gran importancia tamén neste proceso xa que son os encargados de decidir cando se pode facer pis e cando non, de tomar conciencia do propio corpo, de cando avisar de que hai ganas de orinar... Falamos tamén de MADURACIÓN e non de aprendizaxe.

E outro aspecto fundamental: que o nen@ quera facelo! 


(Viñeta del libro de Laura Estremera "Ser niños acompañados")

Cómo sabemos que están preparad@s?

Os nen@s van dando sinais da su maduración pero NON debemos confundir estas sinais con que o nen@ xa está preparad@ e controla esfínteres. Algunas sinais:

- Pregúntanvos qué estades a facer no váter sempre que vos ven, amosan curiosidade.

- Queren sentarse no váter/orinal, interese que nace do nen@, non da nosa insistencia ou suxerencia.

- Escóndense para facer a caca, como o facemos os adultos.

- Comezan a decir que fixeron pis ou caca despois de facelo.

- Baixan a roupa (autonomía motriz).

- Xeralmente primeiro aprenden a controlar as feces nocturnas, despois as feces polo día, seguido do control diurno da orina e por último o control nocturno da orina.

- O cueiro está seco durante varias horas. Este é o signo máis importante de que o nen@ vai estando preparado.

Cando respectamos os seus ritmos son capaces de controlar esfínteres aínda que leven cueiro. Cando chegamos a este momento preguntarémoslles se queren cambiar o cueiro por bragas/calzóns.

O control nocturno da orina é máis tardío e se debe a unha hormona, é un mecanismo máis lento e diferente.

Qué podemos facer para favorecer este proceso?

Ter moi presente o desenvolvemento do nen@. Moitas veces o mellor é non facer "nada" posto que o van aprender, xa que é cuestión de MADUREZ. Cando lles chegue o seu momento controlarán esfínteres, pero cómo viva ese proceso e as repercusións que ten a largo e corto prazo é importante.

Como adultos que acompañamos neste proceso podemos:

- Explicarles qué é o orinal/váter, para qué serve.

- Deixar que vos vexan cando ides ao baño, con naturalidade.

- Deixar que exploren e coñezan o seu corpo, chamando ás cousas polo seu nome; poñer palabras ao que acontece. 

- No comparar, non reñer, non castigar, non ridiculizar. 

- Non forzar a sentarse no orinal/váter. 

- Non empregar premios/castigos xa que se poñerían en xogo mecanismos de motivación extrínseca.

Qué pode pasar se non respectamos o proceso?

A corto prazo pode aparecer o medo a facer caca, o que fará que o nen@ a reteña, sinta dor e dar lugar a problemas de estreñemento. 

Adoitamos falar de respectar os ritmos individuais pero aquí en España cando se achega o verán dos 2 anos comezan as prisas, olvidando que este proceso necesita tempo. Por qué? Porque nos coles xeralmente non se pode ir con cueiros, dando así máis peso a unha norma creada pola sociedade que á madurez e necesidades de cada nen@.

(Información do libro "Ser niños acompañados", de Laura Estremera).

Para min, como educadora, é fundamental que teñades en conta o seguinte: os adultos non quitamos cueiros, son os nen@s os que os deixan cando están preparados para facelo, e somos os adultos os que os ACOMPAÑAMOS en todo este proceso, polo que a comunicación familia-escola ten un papel primordial. NUNCA obrigar ao nen@ a facer algo que aínda non pode facer.



ALBA

Aula 2-3 años

jueves, 5 de diciembre de 2024

Carlos González, pediatra.

 Ola de novo familias!

Atopámonos no mes do Nadal e xa se respira ambiente festivo na escola. 

Xa vos iremos contando e amosando as cousiñas que iremos facendo nestas datas, pero hoxe quixera deixarvos por aquí varios enlaces a un pequeno texto, a unha entrevista e a un vídeo do pediatra Carlos González, seguramente coñecido por varios de vós, que coido poden ser curiosos e útiles. 

Ahí vos van!: 


https://www.elconfidencial.com/alma-corazon-vida/2024-12-05/1qrt-carlos-gonzalez-explica-como-conseguir-abrigar-a-tus-hijos_4015451/


https://www.google.com/amp/s/www.lavozdegalicia.es/amp/noticia/lavozdelasalud/vida-saludable/2024/11/07/carlos-gonzalez-pediatra-ensenar-ninos-comer-ensenarles- comer-/00031730996741488246920.htm


https://youtu.be/lz9ovJJP9_Y?si=mixBE6zsBsDsZ3Mx



Boa fin de semana! Deica o luns!



ALBA

Aula 2-3 anos