Ola familias!
Queredes coñecer algunhas das cousas que fixemos estos días? Pois ahí van!
Déusenos por xogar moito máis que de costume co tren 🚂 🚃🛤️, montando e desmontando as vías, encaixando e desencaixando, unindo e separando os vagóns, facendo seriacións, clasificacións... Accións a través das que se traballan aspectos cognitivos como a lóxica matemática, a resolución de problemas...
E tamén co maletín dos médicos! Fixémonos curas os uns aos outros poñendo de manifesto o importante que é cuidarse a un mesm@ e aos demáis, dando valor á profesión dos médicos 👨🏻⚕️ Fixémonos curas, vendamos o pé de Alba e algún que outro dedo 🦶🏻🩹🩺💉 🩻🚑 👩🏻⚕️
As bonecas e a cociña seguen a ter gran éxito no día a día:
Tamén fixemos a colada: montamos un tendal na aula e experimentamos con pinzas e calcetís. Deu moito xogo: tendemos os calcetís no cordón coas pinzas, emparellamos os que eran iguais, puxémolos nas mans en vez de nos pés, verbalizamos as diferentes cores que tiñan... Traballamos así a psicomotricidade fina, a atención e a concentración, o vocabulario, a expresión verbal...
Seguimos a contar diferentes contos sobre o control de esfínteres, que nos encantan (grazas ás familias que nos fixeron algún préstamo 😊):
E tamén tivemos tempo para vi á escola vestid@s de vermello para que un fotógrafo nos viñera a sacar unha foto 📸, tempo para cantar e bailar panxoliñas, para tocar con pandeiretas e aprender lingua de signos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario