miércoles, 8 de enero de 2025

Días de nadal!


 Ola familias!

Qué tal nestas festas de Nadal? Seguro que con moitas comilonas, xogos e descanso! Agora xa volvemos á rutina, non antes sen amosarvos algunhas cousiñas que fixemos estos días na aula de 2-3 anos:

-Seguimos (e seguiremos) a contar diferentes contos do control de esfínteres (entre outras temáticas) e o de "Todo el mundo va", cantado, é un éxito, encántanos a tod@s!



- Traballamos a lóxica-matemática xogando con diferentes crebacabezas e ábacos (desenvolvendo así, a través do xogo con este material, a atención, a concentración, aspectos matemáticos, seriacións, formas e cores, números, partes do corpo, prendas de roupa...) :










 - Unha das luces da nosa aula estropeuse e veu o electricista a reparala. Encantounos ver como traballaba alí enriba subido a unha escada ben grande, parecida á que usan os bomberos! (aproveitamos esta situación para falar dalgunha profesión).



- Xogamos coa plasti, algo que nos encanta e nos axuda a relaxar mente e corpo, desenvolvendo así a psicomotricidade fina (movementos precisos coas mans e dedos), a atención e a concentración, a imaxinación, creatividade e liberdade, cores, formas, texturas... Empregamos coitelos de plástico para poñer en práctica novas habilidades que nos serán útiles no noso día a día (traballamos dende un enfoque integrador e globalizado).




E como nos gusta tanto amasar e facer experimentos fixemos plasti!!!: Dúas tazas de fariña, unha taza de sal e agua. Se a queredes facer na casa, é moi sinxela e podedes empregar colorante alimentario líquido para darlle diferentes cores, e ata facer mesturas! Non dubidedes de que tamén aproveitamos para catar os sabores da fariña e do sal 😊 
A curios@s non nos gana ninguén! 

(Vaia descubrimento: deixamos as nosas pegadas na plasti!)



- Cando na parva hai mandarinas para comer, poñemos en xogo todas as nosas habilidades para pelalas nós mesmos. É un bo momento para axudarnos os uns aos outros (tanto para saber pedir axuda como para saber aceptala se a precisamos): 


- Debuxamos no chan unha estrada para xogar cos coches, un lago para que naden os patos, establos para os animais da granxa... Deixamos voar a nosa imaxinación! 




- E para rematar, fixemos algo moi importante: o repaso das normas da aula! Empregamos pictogramas porque son moi representativos e axudan a nenas e nenos a comprender e interiorizar moito mellor estas normas, que deben ser poucas e ben claras. Ademáis levamos xa moito tempo traballando as rutinas con secuencias de pictogramas, por exemplo no lavado de mans, sonarse o naris, peinarse... 
Deixámosvos fotos para que as vexades nas vosas casas (e así tamén as podedes ver cos nenos e nenas para reforzar o traballo que facemos a diario na escola 😊) :













      ALBA
Aula 2-3 anos






No hay comentarios:

Publicar un comentario