Ola familias!
Aquí vai unha entrada no blogue que considero que vos aportará información clave e importante a ter en conta neste proceso de control de esfínteres.
Falamos dun proceso complexo que necesita unha maduración psicolóxica, física e emocional por parte do nen@. É un proceso madurativo propio de cada un/unha polo que é moi importante respectar os seus tempos. O control de esfínteres é unha gran conquista mental.
Para que os nen@s acaden este logro é necesario que adquiran unha serie de habilidades previas:
- Autonomía motriz (baixar e subir os pantalóns, por iso insistimos en que é fundamental traer ropa cómoda e folgada que lles permita ser autónomos).
- Comprender ordes sinxelas.
- Ter conciencia da necesidade de orinar.
A musculatura interna relacionada con este control necesita madurar para que se poida contraer, pechar e decidir reter a orina/feces. Falamos de MADURACIÓN e non de aprendizaxe porque os adultos non podemos ensinarlles cómo facer todo iso.
Os seus cerebros teñen unha gran importancia tamén neste proceso xa que son os encargados de decidir cando se pode facer pis e cando non, de tomar conciencia do propio corpo, de cando avisar de que hai ganas de orinar... Falamos tamén de MADURACIÓN e non de aprendizaxe.
E outro aspecto fundamental: que o nen@ quera facelo!
Cómo sabemos que están preparad@s?
Os nen@s van dando sinais da su maduración pero NON debemos confundir estas sinais con que o nen@ xa está preparad@ e controla esfínteres. Algunas sinais:
- Pregúntanvos qué estades a facer no váter sempre que vos ven, amosan curiosidade.
- Queren sentarse no váter/orinal, interese que nace do nen@, non da nosa insistencia ou suxerencia.
- Escóndense para facer a caca, como o facemos os adultos.
- Comezan a decir que fixeron pis ou caca despois de facelo.
- Baixan a roupa (autonomía motriz).
- Xeralmente primeiro aprenden a controlar as feces nocturnas, despois as feces polo día, seguido do control diurno da orina e por último o control nocturno da orina.
- O cueiro está seco durante varias horas. Este é o signo máis importante de que o nen@ vai estando preparado.
Cando respectamos os seus ritmos son capaces de controlar esfínteres aínda que leven cueiro. Cando chegamos a este momento preguntarémoslles se queren cambiar o cueiro por bragas/calzóns.
O control nocturno da orina é máis tardío e se debe a unha hormona, é un mecanismo máis lento e diferente.
Qué podemos facer para favorecer este proceso?
Ter moi presente o desenvolvemento do nen@. Moitas veces o mellor é non facer "nada" posto que o van aprender, xa que é cuestión de MADUREZ. Cando lles chegue o seu momento controlarán esfínteres, pero cómo viva ese proceso e as repercusións que ten a largo e corto prazo é importante.
Como adultos que acompañamos neste proceso podemos:
- Explicarles qué é o orinal/váter, para qué serve.
- Deixar que vos vexan cando ides ao baño, con naturalidade.
- Deixar que exploren e coñezan o seu corpo, chamando ás cousas polo seu nome; poñer palabras ao que acontece.
- No comparar, non reñer, non castigar, non ridiculizar.
- Non forzar a sentarse no orinal/váter.
- Non empregar premios/castigos xa que se poñerían en xogo mecanismos de motivación extrínseca.
Qué pode pasar se non respectamos o proceso?
A corto prazo pode aparecer o medo a facer caca, o que fará que o nen@ a reteña, sinta dor e dar lugar a problemas de estreñemento.
Adoitamos falar de respectar os ritmos individuais pero aquí en España cando se achega o verán dos 2 anos comezan as prisas, olvidando que este proceso necesita tempo. Por qué? Porque nos coles xeralmente non se pode ir con cueiros, dando así máis peso a unha norma creada pola sociedade que á madurez e necesidades de cada nen@.
(Información do libro "Ser niños acompañados", de Laura Estremera).
Para min, como educadora, é fundamental que teñades en conta o seguinte: os adultos non quitamos cueiros, son os nen@s os que os deixan cando están preparados para facelo, e somos os adultos os que os ACOMPAÑAMOS en todo este proceso, polo que a comunicación familia-escola ten un papel primordial. NUNCA obrigar ao nen@ a facer algo que aínda non pode facer.
ALBA
Aula 2-3 años
Que interesante! Gracias por dar ideas e recomendacións, son moi necesarias para as persoas que non saben que facer.
ResponderEliminar