miércoles, 23 de octubre de 2024

Xa ven o Samaín!!

 Ola a tod@s!!

Seguro que xa sentíchedes un certo cheiro a Samaín na escola ....

Está celebración que forma parte da cultura dos nosos ancestros, é cada ano unha das máis agardadas polas crianzas. A cor laranxa das cabazas e a súas formas tan dispares, as  castanas e os magostos, o misterio e a escuridade que marca o fin do verán...veñen a brindarnos moitas posibilidades de aprendizaxe e diversión no Samaín.

O tema de Paco Nogueiras que hoxe queremos compartir é moi popular entre os pequenos e pequenas, pero nesta ocasión destacamos esta versión interpretada en lingua de signos coa que  trataremos de aprender a nomear mediante LSE algúns elementos tan presentes nestas datas como as cabazas, as castañas, ou o solpor, a través do corpo, das mans e o xesto, ademáis de transmitir ás crianzas  a importancia de vivir nunha sociedade inclusiva e diversa.

Agardamos que vos guste tanto como a nós.


Mónica.






No hay comentarios:

Publicar un comentario