Esta semana estamos a desfrutar moito con diversas propostas de experimentación con motivo da festa do Samaín, que nuns días estarán colgadas aquí no blogue.
Comezamos coas cabazas decoradas 🎃 Aquí todo vale: creatividade ao poder! Xa que como ben sabedes, cada neno ou nena pode traer a súa cabaza decorada da casa e sorprender a todos e todas cos diseños máis terroríficos, coloridos e orixinais!!
Xa comezan a chegar as primeiras e agardamos que sexan moitas máis para que a escola esté ben engalanada con tanto arte e orixinalidade.
Animámosvos a participar coa vosa cabaciña e tamén a pasar polo recibidor da escola e desfrutar dos diferentes estilos e temáticas.
E recordade: mañá temos festa! Poden vir os nen@s disfrazados!
Feliz Samaín!! 🎃🎃
Familias, gracias pola vosa colaboración!!!!!!!!
Mónica e Alba
Unha boa temática para desfrutar e experimentar con elementos "terroríficos" e poder rirnos do que nos da medo 😉.
ResponderEliminarCon ganas de ver máis cabazas decoradas!!! Jijiji
Moi boa iniciativa ,para estés días!a disfrutar do Samain 🎃🎃🎃
ResponderEliminar