miércoles, 30 de octubre de 2024

Corre corre cabaciña....

Esta semana estamos a desfrutar moito con diversas propostas de experimentación con motivo da festa do Samaín, que nuns días estarán colgadas aquí no blogue.

Comezamos coas cabazas decoradas 🎃 Aquí todo vale: creatividade ao poder! Xa que como ben sabedes, cada neno ou nena pode traer a súa cabaza decorada da casa e sorprender a todos e todas cos diseños máis terroríficos, coloridos e orixinais!! 

Xa comezan a chegar as primeiras e agardamos que sexan moitas máis para que a escola esté ben engalanada con tanto arte e orixinalidade.

 Animámosvos a participar coa vosa cabaciña e tamén a pasar polo recibidor da escola e desfrutar dos diferentes estilos e temáticas. 

E recordade: mañá temos festa! Poden vir os nen@s disfrazados!

Feliz Samaín!! 🎃🎃

Familias, gracias pola vosa colaboración!!!!!!!!




Mónica e Alba


2 comentarios:

  1. Unha boa temática para desfrutar e experimentar con elementos "terroríficos" e poder rirnos do que nos da medo 😉.
    Con ganas de ver máis cabazas decoradas!!! Jijiji

    ResponderEliminar
  2. Moi boa iniciativa ,para estés días!a disfrutar do Samain 🎃🎃🎃

    ResponderEliminar