jueves, 31 de octubre de 2024

Semana do Samaín! Aula 2-3 anos

Rematou na escola esta semana "terrorífica" e na aula de 2-3 anos aproveitamos para realizar unha morea de actividades/xogos/instalacións... 

Por exemplo:

- Contamos diferentes contos relacionados coa temática: "Como mola tu escoba", "Monstruo sé bueno"... E outros diferentes que dan moito xogo para traballar diferentes aspectos (o soplo, os números, linguaxe de signos...).


- Colocamos na entrada da escola as cabazas 🎃 decoradas que algunhas familias fixéstedes nas vosas casas. ¡Grazas!

-Experimentamos libremente con diferentes materiais, obxectos, elementos... Creando bandexas sensoriais para sentir, saborear, observar, manipular, trasvasar, meter, sacar, apilar... E así estimular todos e cada un dos cinco sentidos!

As primeiras bandexas contiñan xelatina de fresa e arañas, espaguetis... E xunto con culleres, vasiños e recipientes foi éxito asegurado.






O mércores experimentamos de novo, esta vez dentro da aula, cunha "pequena" instalación tamén sensorial (arroz laranxa, espaguetis cocidos de diferentes cores, fabas negras...).

 Así comezaba todo:






¡E así  remataba! 




Estas propostas sensoriais están tendo un gran éxito entre todos os pequen@s 🥰

No ambiente reinaba a calma, o silencio, a curiosidade, a atención e concentración e a posta en práctica de moitas das habilidades que os pequen@s xa teñen adquiridas e outras novas que van aprendendo, sempre a través de XOGO e de propostas motivadoras, atractivas e significativas para el@s.

E para rematar a semana... ¡Festa rachada! Quen quixo veu disfrazado, xogamos con rolos de papel hixiénico para convertirnos en momias, cantamos e bailamos... e desfrutamos dun "tentempé terrorífico" para o que fixo falta poñer en práctica a psicomotricidade fina para pelar a froita!




¡Familias! ¡Queremos darvos de novo as GRAZAS pola vosa participación e implicación na escola! Remando todos no mesmo rumbo conseguiremos grandes retos xunt@s!!!! 

¡Feliz Halloween! ¡Feliz Samaín!



Mónica e Alba 

2 comentarios:

  1. Que pasada! Oxalá disfrútalo con vos, os nenos e nenas tiverono que pasar en grande! Grazas! 😊

    ResponderEliminar
  2. Súper!!! Gracias por las experiencias que enriquecen sus días de cole 🥰

    ResponderEliminar