martes, 24 de junio de 2025

Chegou a noite meiga! Celebramos o San Xoán!

Ola familias! Feliz San Xoán!

Como xa sabedes, na escola celebramos esta noita máxica. Cómo? 

Onte a nosa asamblea tratou sobre esta celebración que ten tanto arraigo na nosa terra: cómo se celebra, qué son as cacharelas, vídeos sobre esta festa, ritual das herbas de San Xoán...

Entre tod@s colocamos as herbas que trouxéstedes á escola en varias tinas con agua, para deixalas durmir á luz da lúa e hoxe sair ao patio a lavarnos as caras con esta auga. Como facía tanto calor aproveitamos para refrescarnos non só as cara con esta auga tan fresquiña 😁 Meigas fóra!!











Onte tamén saltamos unha pequena cacharela que preparamos no patio. Estas novas experiencias atráennos moito 🔥🥀💮🎕  e permítennos coñecer e disfrutar das costumes que nos rodean.


Grazas familias pola vosa participación na recolleita das herbas para poder levar a cabo esta tradición tan máxica e especial!

E recordade... o venres temos a festa de fin de curso!!!! Finalizades unha etapa tan especial para dar comezo a outra que seguro non vos deixará indiferentes! 


Vémonos!!!!!!! 


                                                                    ALBA

                                                        AULA 2-3 ANOS




1 comentario: