viernes, 28 de febrero de 2025

Por aquí andamos de novo! (sí, o sei... vou con retraso!)

Ola familias!

Aquí vos conto a través de imaxes, algunhas das cousiñas que estivemos a facer esta tempada pasada, xa ben pasada 😁:

1. Xa sabedes que a nosa aula foi a encargada de crear algún material decorativo para o Entroido:



2. Encántanos xogar con cubos, baldes, pelotas... Metemos, sacamos, enchemos, valeiramos, lanzamos,  clasificamos por cores... (desenvolvemento lóxico-matemático).





3. Psicomotricidade grosa: encántanos mover o corpo! Temos uns panos de cores que empregamos para bailar as seguintes cancións: "Un pañuelo tengo yo" e "Muevo mis pañuelos": 

                                https://www.youtube.com/watch?v=f0nPAJNnaxU

                                https://www.youtube.com/watch?v=KK5ObhBQDxA



4. Xa sabedes que traballamos constantemente a autonomía persoal e na hora da parva non ía ser menos: somos os encargados de pelar algunhas das froitas que comemos (mandarinas, plátanos...), recoller logo as pelas e os manteis, tiralos ao cubo... 


5. Variado: fixemos botellas sensoriais con pétalos dunha flor que trouxo unha compañeira da aula, xogamos a ensartar e crear serpes con material creado, colares... (psicomotricidade fina), puzles e bloques de construcción (lóxica-matemática), plastilina...











6. Pintamos con coitelos (imos probando novas técnicas de expresión plástica!).

7. Bandexas sensoriais de arroz para experimentar libremente (poñemos en práctica todos os nosos sentidos e potenciamos o desenvolvemento xeral).



8. Ovoeiras, noces, pompóns, pinzas... Potenciamos a psicomotricidade fina, a atención e a concentración, as cualidades dos materiais (duro-brando)...

9. Encántanos os contos do "Monstruo de Cores" e o da "Pequena eiruga glotona", e mirade o que fixemos: pintamos o noso mosntruo de cores xigante deitados todos no chan, respectando o material, as quendas, o respecto polos compañeiros...; e pintamos a nosa eiruga que durante un tempo estivo presidindo un dos corredores da escola e que tanto nos gustaba mirar tocar cada vez que pasábamos por alí! Estábamos orgullos@s do noso traballo 💚




10. Plantamos lentellas! E vós diredes: qué nos aporta isto? Atentos! Porque esta actividade valeu para falar e aprender sobre:

    - Cómo unha semente se pode converter en planta: xerminación e crecemento.

    - Importancia da luz e da auga.

    - Partes dunha planta (raíces, talos, follas...)

    - Por qué se inclinan de cara á luz?

    - Potenciamos a expresión verbal e o respecto polas quendas de fala de cada un dos compañeir@s, a escoita activa...


11. Pequena instalación de cores: baldes, ovoeiras, vasos, pelotas...

                                                  


CONTINUARÁ... 



 
                                                                                                                       ALBA

                                                                                                                  Aula 2-3 anos


  

martes, 11 de febrero de 2025

Pequeno resumo destos días! Aula 2-3 anos

Ola de novo familias!

Aínda que xa vos contamos día a día todo o que imos facendo, aquí vos vai un resumo gráfico para que nos vexades en plena acción!

 1. Monstruos de cores: entre as diferentes actividades que realizamos para traballar o sopro (soprar axuda ao desenvolvemento da linguaxe en canto á pronunciación e consolidación dos fonemas, axuda a desenvolver a capacidade pulmonar, fainos ser máis conscientes da respiración e do seu control...) está a creación dos nosos monstruos/bechos de cores. Puxemos en cartulina branca varios pegotes de pintura de cores líquida, e coa axuda dunha palliña, ou sen ela, sopramos e sopramos e sopramos. Qué difícil foi! Pero pasamos uns ratos ben divertidos e nos axudamos os uns aos outros!

 Mirade os resultados:




2. Pintamos sobre papel de aluminio (coñecemos así unha nova técnica para pintar): pintamos de cor azul con rotuladores sobre papel de aluminio. Pulverizamos auga sobre o papel de aluminio para logo colocar enriba o folio no que estaba o iglú. Apretamos un pouco o folio sobre o papel de aluminio, retiramos con coidado e o iglú apareceu estampado de azul!


3. Clasificamos por cores: a través das clasificacións traballamos a lóxica matemática, o razoamento lóxico, a atención e concentración, as cores, a memoria visual, o sentido da vista... Comezamos clasificando por cores as pezas de construcción, cando de repente a alguén se lle acordou que tamén podíamos clasificar diferentes xoguetes/obxectos que iamos atopando na aula! qué boa idea!! 

Mirade!!! 👀👀


4. Ruleta das cores: material facilísimo de crear e que axuda a desenvolver diferentes aspectos como son a psicomotricidade fina, a lóxica matemática, a atención e concentración, o sentido da vista... Só necesitamos pintar unha ruleta de diferentes cores e pinzas, moitas pinzas! E xa vedes... ás veces colocámolas onde nos cadra! 😁😂




5. Mural do inverno: seguimos a traballar o inverno e para ambientar a aula fixemos un mural. Colocamos os copos de neve (discos de algodón que serven para traballar textura suave e cor branco), pintamos diferentes prendas que empregamos no inverno... E así temos un anaco do inverno na nosa aula. Gústavos? O malo é que toda esta roupa no tendal baixo os copos de neve cremos que non vai dar secado... 😅

En todo este proceso traballamos a psicomotricidade fina, vocabulario e linguaxe sobre o inverno, expresión oral, tempo meteorolóxico durante o inverno...




6. Ioga: algo que nos encanta e nos relaxa é practicar ioga. Apórtanos unha serie de beneficios a todos os niveis (físico, emocional e mental), tanto a nivel individual como grupal. Axúdanos a tomar maior conciencia do noso corpo, do esquema corporal e desenvolver o equilibrio, a forza, flexibilidade, concentración, autoestima e forza de vontade. 

Practicando estas posturas baseadas en movementos de animais, insectos, aves, en formas como o triángulo, cadrado... os nen@s incrementan así a súa capacidade de atención e son capaces de relaxar a súa mente e concentrarse. Por isto, entre outros moitos motivos, é tan importante vir á escola con roupa ben cómoda e apta para trotar e reptar.


7. Pintamos no chan: é algo que nos encanta, pintar con xices no chan. Pintamos formas, números, letras, símbolos, xogos tradicionais como a mariola, debuxo libre... todo o que nos apeteza! Facendo trazos grandes e longos favorecemos a movilidade global dos brazos e facendo trazos máis pequenos, a das mans e dedos (coordinación óculo-manual). Ademáis potenciamos a imaxinación e creatividade, a concentración, o desenvolvemento físico, cognitivo e emocional... E os hábitos de limpeza, orde e recollida, porque sí, cando rematamos deixamos o chan ben limpiño!

8. E por último: na nosa aula xa se cheira o entroido... hoxe apareceron dúas caixas cheas de disfraces e complementos! Quitamos os nosos zapatos e puxemos calzado que había nelas, vestimos diferentes disfraces e complementos practicando así as habilidades de vestido e desvestido, fomentando a autonomía... 

Estas caixas chegaron para quedarse ata que remate o entroido! Co que nos gusta a nós a festa!

Próximamente recibiredes información sobre o entroido na escola. Preparad@s??






      ALBA

Aula 2-3 anos




jueves, 6 de febrero de 2025

¿Qué esperar dos 2 anos? Álvaro Bilbao, neuropsicólogo.

Qué esperar dos nenos e nenas desta idade? 

Segundo Álvaro Bilbao, neuropsicólogo.


1. Encántalles explorar causa e efecto.

2. Son moi afectuosos.

3. Encántalles mandar aos demáis 😄

4. Altos e baixos emocionais constantes.

5. Teñen rabietas/berrinches.

6. Aprenden 8 palabras ao día.

7. Queren ser moi independientes.

8. Pero amosan ansiedade por separación.

9. Comprenden o que é seu e dos demáis...

10. Por iso lles costa traballo compartir.

11. Encántalles a comida (para xogar con ela).

12. Estas son as súas frases favoritas: "Non!", "Meu!", "Eu soliñ@!"...

13. Pero todo isto é moito máis sinxelo se lles marcamos horarios, normas e límites tranquilos, firmes e predecibles.


Déixovos por aquí o enlace ao seu blog por se tedes curiosidade. Amosa aspectos moi importantes sobre a infancia, estratexias educativas e disciplina positiva, psicoloxía infantil, hábitos saludables... 

                                                    https://alvarobilbao.com/blog


Instagram: @soyalvarobilbao 





                                                                                                                        ALBA

                                                                                                                 AULA 2-3 ANOS



jueves, 30 de enero de 2025

30 de xaneiro: Día da non violencia e da paz

 Ola familias!

Tal día como hoxe, 30 de xaneiro, celébrase o DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ.

No noso día a día na escola, como ben sabedes, sempre estamos a traballar de xeito globalizado, a resolución pacífica de conflictos, a escoita activa, o respecto polos demáis e polas diferenzas, a solidaridade, a tolerancia, a convivencia... 

E como hoxe é o día da paz, levamos toda esta semana traballando en torno a este eixo vertebrador da programación de aula, a PAZ:

- Nas asembleas de aula e ao longo das xornadas escolares falamos sobre qué é a paz: querernos moito a nós mesmos, ás nosas familias, aos nosos amig@s, non pegar, dar bicos, coidar, bailar xuntos, axudar a quen o necesita...

- Símbolos da Paz: coñecemos a pomba branca da paz coa ramiña de olivo no seu peteiro e o símbolo da paz. Fixemos as pombas da paz coas nosas mans e pintamos os símbolos da paz de moitas cores. Fomos de visita ás aulas de 0-1 e 1-2 anos para ensinarlles todo o que fixemos para conmemorar este día.



- Dibuxamos con xiz no chan da aula unha pomba da paz enorme e entre tod@s a pintamos con xiz de cores. Encantounos! Ademáis ao rematar de pintar, limpamos o chan entre tod@s. Facemos un bo equipo!

- Cantamos e bailamos distintas cancións sobre a paz (aquí vos deixo un enlace a unha delas: https://www.youtube.com/watch?v=mxnYBIy9aYo )



                        "NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ. A PAZ É O CAMIÑO" 

                                                            Mahatma Gandhi





                                                                                                                                              ALBA

                                                                                                                                     AULA 2-3 ANOS

martes, 28 de enero de 2025

Chegou o Inverno!!! Aula 2-3 anos

Ola de novo familias!

Despois duns pequenos problemas técnicos, aquí estamos de novo para contarvos o que fixemos últimamente na aula de 2-3 anos. Estades preparados?

Estamos a traballar o INVERNO e todo o que rodea a esta estación do ano: tempo meteorolóxico e natureza, prendas de roupa, cores, Polo Norte e Polo Sur, animais... polo que organizamos diferentes experiencias co fin de aprender xogando e experimentando libremente.

- Xa sabedes que nos encanta levar pintadas nas mans as primeiras letras dos nosos nomes. Así que tamén aproveitamos para pintalas de cor azul con ceras (traballando así a atención e a concentración, os trazos, a coordinación ollo-man, a psicomotricidade fina...) 


- Encántanos xogar coa plastilina, por iso varios días adicamos algún tempo para isto. Desenvolvemos a psicomotricidade fina ao poñer en xogo os movementos finos das nosas mans e dedos e empregamos tamén coitelos e diferentes utensilios para experimentar coa plastilina (rodillos, moldes...) Ademais é unha actividade que nos fai baixar revolucións e quedamos ben relaxad@s 😄

Mentres estamos a realizar esta actividade desenvolvemos a atención e a lóxica matemática (facemos boliñas que colocamos unha tras outra facendo seriacións, contamos as boliñas, logo unímolas todas facendo unha grande... polo que traballamos números, tamaños...), desenvolvemos os nosos sentidos (vista, olfacto e tacto)... 


- Fixemos un boneco de neve: na base dunha bolsa grande de tea blanca colocamos area; fixemos bolas de papel de periódico para encher esta bolsa e facer así o corpo e a cabeza do boneco; debuxámoslle os ollos e lle colocamos unha bufanda e un gorro. Convertíuse nun máis da nosa aula! Está todos os días con nós. Ás veces sentámolo nunha das nosas cadeiras, outras veces poñémolo no medio do corro que facemos dándonos as mans e bailamos ao seu redor, outras veces "mareámolo" un poco levándoo dun lado para outro... Pois aínda lle quedan moitos días na aula! Esperemos que non se canse de nós 😊 

- Cancións e bailes sobre o inverno! Traballamos así o desenvolvemento da linguaxe, a psicomotricidade grosa, o esquema corporal, o equilibrio...

- Xogamos con roupa de inverno que temos nunha caixa na aula: gorros, bufandas, calcetíns...

- Decoramos o hall da escola cunha árbore de inverno colocando discos de algodón simulando a neve. Tedes que ir a vela!!

- Instalación do inverno/Polo Norte e Polo Sur: un día entramos na aula e... SORPRESA! Mirade o que nos atopamos: 









Creamos unha instalación con material relacionado co inverno para poder experimentar libremente: bandexas con xeos de diferentes formas (algúns tintadosde azul); animais do Polo Norte e do Polo Sur; culleres e cuencos; neve artificial... 

Este tipo de propostas invitan a que nenos e nenas observen, pensen, manipulen, experimenten e poidan dar se queren novos significados ás cousas. Somos os adultos os encargados de preparar previamente o ambiente e os materiais e colocalos de xeito atractivo para as nenas e nenos. 

Estas propostas adoitan ter moitísimo éxito porque nenas e nenos poñen en xogo todos os seus sentidos. Son unha ferramenta de APRENDIZAXE xa que o XOGO para nenas e nenos é APRENDIZAXE CONSTANTE. De ahí a súa gran importancia nestas idades:

                    O XOGO COMO MOTOR DE DESENVOLVEMENTO INTEGRAL!

- Outro día rasgamos papel de seda branco e fixemos boliñas para pegar despois nuns bonecos de neve que fixemos cada un de nós. Desenvolvemos así a psicomotricidade fina, a atención e a concentración, a frustración, dar e recibir axuda dos demáis...

No noso día a día seguimos co XOGO SIMBÓLICO  a través do cal os adultos podemos observar a maduración dos nenos e nenas, así como a aprendizaxe que van adquirindo do seu entorno. A capacidade simbólica permite que poidan recrear situacións e representar diferentes personaxes, o que incentiva o sseu inxenio e  creatividade, potenciando tamén a socialización.

A través do xogo simbólico amosan todo o que poden imaxinar e recrear en función do coñecemento que teñen da realidade, que cada vez será maior. Algúns dos seus beneficios:

    - Desenvolvemento cognitivo.

    - Desenvolvemento da creatividade e da imaxinación.

    - Ferramenta de expresión e resolución dos seus conflictos internos.

    - Fomento da socialización cos iguais e cos adultos.

    - Autocoñecemento e actitude crítica.

    - Desenvolvemento de habilidades comunicativas.





   

- Creación do RECUNCHO DAS FAMILIAS!!!! Grazas á vosa participación e implicación, xa temos creado o noso recunho das familias, o recuncho máis significativo e importante da aula para todos os nenos e nenas.  É unha verdadeira mágoa que non poidades ver as súas caras cando observan as fotos da súa familia, cómo se ensinan as fotos os uns aos outros, como nos contan a todos na asamblea quenes forman parte da súa familia... 

Están colocadas todas ao seu alcance, con velcro para pegar e despegar (por iso pedín que viñeran plastificadas, porque son manipuladas por eles/elas), e poden collelas sempre que queiran, con total liberdade. É un xeito de que vós, FAMILIAS, estedes aínda máis presente no día a día da aula e poder traballar a diversidade familiar. 


Grazas de novo pola vosa implicación no día a día da escola.


E... próximamente nova entrada! Estade ben atent@s! 😊




                                                                                                                                         ALBA

                                                                                                                                    Aula 2-3 anos