viernes, 28 de febrero de 2025

Por aquí andamos de novo! (sí, o sei... vou con retraso!)

Ola familias!

Aquí vos conto a través de imaxes, algunhas das cousiñas que estivemos a facer esta tempada pasada, xa ben pasada 😁:

1. Xa sabedes que a nosa aula foi a encargada de crear algún material decorativo para o Entroido:



2. Encántanos xogar con cubos, baldes, pelotas... Metemos, sacamos, enchemos, valeiramos, lanzamos,  clasificamos por cores... (desenvolvemento lóxico-matemático).





3. Psicomotricidade grosa: encántanos mover o corpo! Temos uns panos de cores que empregamos para bailar as seguintes cancións: "Un pañuelo tengo yo" e "Muevo mis pañuelos": 

                                https://www.youtube.com/watch?v=f0nPAJNnaxU

                                https://www.youtube.com/watch?v=KK5ObhBQDxA



4. Xa sabedes que traballamos constantemente a autonomía persoal e na hora da parva non ía ser menos: somos os encargados de pelar algunhas das froitas que comemos (mandarinas, plátanos...), recoller logo as pelas e os manteis, tiralos ao cubo... 


5. Variado: fixemos botellas sensoriais con pétalos dunha flor que trouxo unha compañeira da aula, xogamos a ensartar e crear serpes con material creado, colares... (psicomotricidade fina), puzles e bloques de construcción (lóxica-matemática), plastilina...











6. Pintamos con coitelos (imos probando novas técnicas de expresión plástica!).

7. Bandexas sensoriais de arroz para experimentar libremente (poñemos en práctica todos os nosos sentidos e potenciamos o desenvolvemento xeral).



8. Ovoeiras, noces, pompóns, pinzas... Potenciamos a psicomotricidade fina, a atención e a concentración, as cualidades dos materiais (duro-brando)...

9. Encántanos os contos do "Monstruo de Cores" e o da "Pequena eiruga glotona", e mirade o que fixemos: pintamos o noso mosntruo de cores xigante deitados todos no chan, respectando o material, as quendas, o respecto polos compañeiros...; e pintamos a nosa eiruga que durante un tempo estivo presidindo un dos corredores da escola e que tanto nos gustaba mirar tocar cada vez que pasábamos por alí! Estábamos orgullos@s do noso traballo 💚




10. Plantamos lentellas! E vós diredes: qué nos aporta isto? Atentos! Porque esta actividade valeu para falar e aprender sobre:

    - Cómo unha semente se pode converter en planta: xerminación e crecemento.

    - Importancia da luz e da auga.

    - Partes dunha planta (raíces, talos, follas...)

    - Por qué se inclinan de cara á luz?

    - Potenciamos a expresión verbal e o respecto polas quendas de fala de cada un dos compañeir@s, a escoita activa...


11. Pequena instalación de cores: baldes, ovoeiras, vasos, pelotas...

                                                  


CONTINUARÁ... 



 
                                                                                                                       ALBA

                                                                                                                  Aula 2-3 anos


  

1 comentario: