viernes, 28 de febrero de 2025

Por aquí andamos de novo! (sí, o sei... vou con retraso!)

Ola familias!

Aquí vos conto a través de imaxes, algunhas das cousiñas que estivemos a facer esta tempada pasada, xa ben pasada 😁:

1. Xa sabedes que a nosa aula foi a encargada de crear algún material decorativo para o Entroido:



2. Encántanos xogar con cubos, baldes, pelotas... Metemos, sacamos, enchemos, valeiramos, lanzamos,  clasificamos por cores... (desenvolvemento lóxico-matemático).





3. Psicomotricidade grosa: encántanos mover o corpo! Temos uns panos de cores que empregamos para bailar as seguintes cancións: "Un pañuelo tengo yo" e "Muevo mis pañuelos": 

                                https://www.youtube.com/watch?v=f0nPAJNnaxU

                                https://www.youtube.com/watch?v=KK5ObhBQDxA



4. Xa sabedes que traballamos constantemente a autonomía persoal e na hora da parva non ía ser menos: somos os encargados de pelar algunhas das froitas que comemos (mandarinas, plátanos...), recoller logo as pelas e os manteis, tiralos ao cubo... 


5. Variado: fixemos botellas sensoriais con pétalos dunha flor que trouxo unha compañeira da aula, xogamos a ensartar e crear serpes con material creado, colares... (psicomotricidade fina), puzles e bloques de construcción (lóxica-matemática), plastilina...











6. Pintamos con coitelos (imos probando novas técnicas de expresión plástica!).

7. Bandexas sensoriais de arroz para experimentar libremente (poñemos en práctica todos os nosos sentidos e potenciamos o desenvolvemento xeral).



8. Ovoeiras, noces, pompóns, pinzas... Potenciamos a psicomotricidade fina, a atención e a concentración, as cualidades dos materiais (duro-brando)...

9. Encántanos os contos do "Monstruo de Cores" e o da "Pequena eiruga glotona", e mirade o que fixemos: pintamos o noso mosntruo de cores xigante deitados todos no chan, respectando o material, as quendas, o respecto polos compañeiros...; e pintamos a nosa eiruga que durante un tempo estivo presidindo un dos corredores da escola e que tanto nos gustaba mirar tocar cada vez que pasábamos por alí! Estábamos orgullos@s do noso traballo 💚




10. Plantamos lentellas! E vós diredes: qué nos aporta isto? Atentos! Porque esta actividade valeu para falar e aprender sobre:

    - Cómo unha semente se pode converter en planta: xerminación e crecemento.

    - Importancia da luz e da auga.

    - Partes dunha planta (raíces, talos, follas...)

    - Por qué se inclinan de cara á luz?

    - Potenciamos a expresión verbal e o respecto polas quendas de fala de cada un dos compañeir@s, a escoita activa...


11. Pequena instalación de cores: baldes, ovoeiras, vasos, pelotas...

                                                  


CONTINUARÁ... 



 
                                                                                                                       ALBA

                                                                                                                  Aula 2-3 anos


  

martes, 11 de febrero de 2025

Pequeno resumo destos días! Aula 2-3 anos

Ola de novo familias!

Aínda que xa vos contamos día a día todo o que imos facendo, aquí vos vai un resumo gráfico para que nos vexades en plena acción!

 1. Monstruos de cores: entre as diferentes actividades que realizamos para traballar o sopro (soprar axuda ao desenvolvemento da linguaxe en canto á pronunciación e consolidación dos fonemas, axuda a desenvolver a capacidade pulmonar, fainos ser máis conscientes da respiración e do seu control...) está a creación dos nosos monstruos/bechos de cores. Puxemos en cartulina branca varios pegotes de pintura de cores líquida, e coa axuda dunha palliña, ou sen ela, sopramos e sopramos e sopramos. Qué difícil foi! Pero pasamos uns ratos ben divertidos e nos axudamos os uns aos outros!

 Mirade os resultados:




2. Pintamos sobre papel de aluminio (coñecemos así unha nova técnica para pintar): pintamos de cor azul con rotuladores sobre papel de aluminio. Pulverizamos auga sobre o papel de aluminio para logo colocar enriba o folio no que estaba o iglú. Apretamos un pouco o folio sobre o papel de aluminio, retiramos con coidado e o iglú apareceu estampado de azul!


3. Clasificamos por cores: a través das clasificacións traballamos a lóxica matemática, o razoamento lóxico, a atención e concentración, as cores, a memoria visual, o sentido da vista... Comezamos clasificando por cores as pezas de construcción, cando de repente a alguén se lle acordou que tamén podíamos clasificar diferentes xoguetes/obxectos que iamos atopando na aula! qué boa idea!! 

Mirade!!! 👀👀


4. Ruleta das cores: material facilísimo de crear e que axuda a desenvolver diferentes aspectos como son a psicomotricidade fina, a lóxica matemática, a atención e concentración, o sentido da vista... Só necesitamos pintar unha ruleta de diferentes cores e pinzas, moitas pinzas! E xa vedes... ás veces colocámolas onde nos cadra! 😁😂




5. Mural do inverno: seguimos a traballar o inverno e para ambientar a aula fixemos un mural. Colocamos os copos de neve (discos de algodón que serven para traballar textura suave e cor branco), pintamos diferentes prendas que empregamos no inverno... E así temos un anaco do inverno na nosa aula. Gústavos? O malo é que toda esta roupa no tendal baixo os copos de neve cremos que non vai dar secado... 😅

En todo este proceso traballamos a psicomotricidade fina, vocabulario e linguaxe sobre o inverno, expresión oral, tempo meteorolóxico durante o inverno...




6. Ioga: algo que nos encanta e nos relaxa é practicar ioga. Apórtanos unha serie de beneficios a todos os niveis (físico, emocional e mental), tanto a nivel individual como grupal. Axúdanos a tomar maior conciencia do noso corpo, do esquema corporal e desenvolver o equilibrio, a forza, flexibilidade, concentración, autoestima e forza de vontade. 

Practicando estas posturas baseadas en movementos de animais, insectos, aves, en formas como o triángulo, cadrado... os nen@s incrementan así a súa capacidade de atención e son capaces de relaxar a súa mente e concentrarse. Por isto, entre outros moitos motivos, é tan importante vir á escola con roupa ben cómoda e apta para trotar e reptar.


7. Pintamos no chan: é algo que nos encanta, pintar con xices no chan. Pintamos formas, números, letras, símbolos, xogos tradicionais como a mariola, debuxo libre... todo o que nos apeteza! Facendo trazos grandes e longos favorecemos a movilidade global dos brazos e facendo trazos máis pequenos, a das mans e dedos (coordinación óculo-manual). Ademáis potenciamos a imaxinación e creatividade, a concentración, o desenvolvemento físico, cognitivo e emocional... E os hábitos de limpeza, orde e recollida, porque sí, cando rematamos deixamos o chan ben limpiño!

8. E por último: na nosa aula xa se cheira o entroido... hoxe apareceron dúas caixas cheas de disfraces e complementos! Quitamos os nosos zapatos e puxemos calzado que había nelas, vestimos diferentes disfraces e complementos practicando así as habilidades de vestido e desvestido, fomentando a autonomía... 

Estas caixas chegaron para quedarse ata que remate o entroido! Co que nos gusta a nós a festa!

Próximamente recibiredes información sobre o entroido na escola. Preparad@s??






      ALBA

Aula 2-3 anos




jueves, 6 de febrero de 2025

¿Qué esperar dos 2 anos? Álvaro Bilbao, neuropsicólogo.

Qué esperar dos nenos e nenas desta idade? 

Segundo Álvaro Bilbao, neuropsicólogo.


1. Encántalles explorar causa e efecto.

2. Son moi afectuosos.

3. Encántalles mandar aos demáis 😄

4. Altos e baixos emocionais constantes.

5. Teñen rabietas/berrinches.

6. Aprenden 8 palabras ao día.

7. Queren ser moi independientes.

8. Pero amosan ansiedade por separación.

9. Comprenden o que é seu e dos demáis...

10. Por iso lles costa traballo compartir.

11. Encántalles a comida (para xogar con ela).

12. Estas son as súas frases favoritas: "Non!", "Meu!", "Eu soliñ@!"...

13. Pero todo isto é moito máis sinxelo se lles marcamos horarios, normas e límites tranquilos, firmes e predecibles.


Déixovos por aquí o enlace ao seu blog por se tedes curiosidade. Amosa aspectos moi importantes sobre a infancia, estratexias educativas e disciplina positiva, psicoloxía infantil, hábitos saludables... 

                                                    https://alvarobilbao.com/blog


Instagram: @soyalvarobilbao 





                                                                                                                        ALBA

                                                                                                                 AULA 2-3 ANOS